Cuarta reunión do proxecto Innovative digital tools applied to sustainable Meat Science and Technology Higher Education: a link between industry and academia- InnoMeatEdu
A cuarta reunión transnacional do proxecto europeo InnoMeatEdu (KA220-HED Cooperation Partnerships Erasmus+) celebrouse con éxito en Olsztyn (Polonia), os días 10 e 11 de setembro de 2024, organizado pola Universidade de Warmia e Massuri en Olsztyn. Á reunión asistiron todos os socios (Universidade de Parma – Italia, Universidade de Tesalia – Grecia, Instituto Politécnico de Bragança – Portugal, Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) – España, Universidade de León – España, e 4obs Accounting and Consulting – Grecia). O profesor Jakub Sawicki, vicerreitor de Ciencia e Cooperación Internacional da Universidade de Warmia e Mazury en Olsztyn e a profesora Justyna Zulewska, decana da Facultade de Ciencias da Alimentación, da universidade anfitrioa, deron a benvida aos socios do proxecto.
InnoMeatEdu baséase na cooperación de diferentes institucións académicas e industrias, con empresas e organizacións relacionadas co sector cárnico, conectando á comunidade académica coa industria cárnica, inicialmente a través dos socios asociados e tamén a través da plataforma interactiva que actuará como ferramenta para a difusión de material educativo a todas as partes interesadas. Actualmente hai 37 Socios Asociados, principalmente industrias e asociacións relacionadas coa Ciencia e Tecnoloxía da Carne e os Alimentos, dos países participantes.
Durante a reunión, que tivo lugar a principios do terceiro e último ano do proxecto, mostráronse e discutiron os avances dos paquetes de traballo 3 e 4, relacionados coa preparación do material de formación e a dixitalización. Más concretamente, concluíuse que a maior parte do material (manuais, diapositivas, vídeos, casos de estudo, etc.) xa se produciu e atópase actualmente na última revisión. O material dixital que se está desenvolvendo refírese á produción e procesamento da carne, a seguridade, a calidade, o emprendemento e a sustentabilidade no sector cárnico. Nas próximas semanas iniciarase a tradución aos cinco idiomas do consorcio (italiano, grego, polaco, portugués e español). Ademais, desenvolveuse o moodle que albergará o material e necesítanse soamente algunhas pequenas modificacións para finalizalo. Ao final do proxecto, o material será de libre acceso. Finalmente, durante a reunión abordouse a planificación das actividades para realizar en 2025 (formación de aprendices, formación de formadores, escola de verán), e actualizáronse as accións de difusión e publicidade (incluíndo a organización de múltiples eventos e unha conexión coa industria).
Máis información sobre o proxecto na web https://innomeatedu.com/.