[vc_row full_width=”stretch_row” full_height=”yes” equal_height=”yes” content_placement=”top” wrap_container=”yes”][vc_column width=”1/4″][ultimate_spacer height=”20″][vc_wp_custommenu nav_menu=”17″][/vc_column][vc_column width=”3/4″][ultimate_spacer height=”20″][ultimate_spacer height=”20″][vc_row_inner][vc_column_inner][vc_column_text]
“Aforro na auga de rega e outros insumos mediante novas tecnoloxías” (FEADER 2022/008A)
Entidades participantes:
COMUNIDADE DE REGANTES ANTIOQUÍA, FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE, ROBERTO SANTANA OTERO e ANTONIO LOUREIRO PARADA.
Duración:
2022 – 2024.
Financiamento:
Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.
Orzamento:
87.680,29 €. Subvencionado ao 80% e financiada cun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
Convocatoria:
Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR331A). (DOG nº 18, do 27 de xaneiro do 2022).
Obxectivo Principal:
Aplicar tecnoloxías emerxentes e dar paso á dixitalización na xestión das comunidades de regadores aplicando novas tecnoloxías de detección e control que permitan racionalizar o gasto de auga e sexan a base da agricultura personalizada a nivel parcela para optimizar a toma de decisións presentes e futuras.
Obxectivos secundarios:
- Xestión remota de hidrantes para controlar consumos e perdas na rede de distribución de auga
- Regas racionais en base a datos proporcionados por humectómetros
- Detección precoz e rede de avisos de condicións meteorolóxicas que dan paso a enfermidades ou pragas en cultivos
- Creación dun histórico de datos a nivel parcela para futuras decisións.
[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_single_image image=”9390″ img_size=”full” alignment=”center” label=””][/vc_column][/vc_row]

