Obtención, purificación e funcionalización de illados proteicos de chícharo de raposo e a súa aplicación na elaboración de análogos cárnicos (OPFLUPAN)

“Obtención, purificación e funcionalización de illados proteicos de chícharo de raposo e a súa aplicación na elaboración de análogos cárnicos (OPFLUPAN)” (PID2020-114422RR-C54)

Entidades participantes:

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (entidade coordinadora), IRTA, Universidad de Granada, Universidad Politécnica de Valencia e Fundacio Institut D´investigacio Sanitaria Pere Virgili.

Duración:

2022 – 2024.

Financiamento:

Axencia Estatal de Investigación.

Orzamento:

135.520,00 €.

Convocatoria:

Resolución da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada para o ano 2020 do procedemento de concesión de axudas a Proxectos de I+D+i, no marco do Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i e do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade, do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020.

Obxectivo:

O presente proxecto pretende caracterizar diversas variedades de chícharo de raposo co obxectivo de seleccionar aquelas que presenten un óptimo contido de proteína e un baixo contido graxo. O chícharo de raposo presenta tamén importantes contidos de factores antinutricionais (ANF) como os polifenois, as saponinas ou os alcaloides, que serán tidos en conta á hora de seleccionar as variedades para as seguintes etapas do proxecto.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies