[vc_row full_width=”stretch_row” full_height=”yes” equal_height=”yes” content_placement=”top” wrap_container=”yes”][vc_column width=”1/4″][ultimate_spacer height=”20″][vc_wp_custommenu nav_menu=”17″][/vc_column][vc_column width=”3/4″][ultimate_spacer height=”20″][ultimate_spacer height=”20″][vc_row_inner][vc_column_inner][vc_column_text]
GALDRÓN – Emprego de drons para a posta en funcionamento dun sistema gandeiro de precisión en vacún e equino criado en extensivo. (FEADER 2024/052B)
Convocatoria:
- Resolución do 26 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), no marco do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027. (DOG nº 130, do 5 de xullo de 2024). Código de procedemento: MR331B.
Entidades participantes:
- GANADERÍA AUTÓCTONA S.L., FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE e UNIVERSIDADE DE VIGO (UVIGO).
Duración:
Inicio: 2024
Fin: 2026
Orzamento e financiamento:
- Custo subvencionable: 139.840 €. Axudas destinadas á execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
- Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.
Descrición e obxectivos:
O seu obxectivo principal é mellorar o manexo e seguimento dos sistemas produtivos de gando vacún e cabalar en explotacións extensivas galegas mediante o uso de drons e tecnoloxías avanzadas de seguimento e control.
Entre os obxectivos específicos do proxecto destacan a mellora do control e monitorización do gando, a revisión das infraestruturas gandeiras, a xestión dos pastos e a implementación de cámaras térmicas.
Este proxecto representa unha aposta pola innovación no sector gandeiro galego, co obxectivo de mellorar a sustentabilidade e eficiencia das explotacións mediante o emprego de tecnoloxías de precisión.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row]

