“Aproveitamento e posta en valor dos cortes secundarios das canais de vacún maior” (FEADER 2023/046B)
Entidades participantes:
MARETERRA CONSERVAS, S.L.; FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE; AUXILIUM COQUINA, S.L.; CARDENAL BUENO 33, S.L.; e CASA PIREIRO DE GROLOS, S.C.
Duración:
2023 – 2026.
Financiamento:
Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.
Orzamento:
175.800,00 €. Axudas convocadas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva para o ano 2023 e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Convocatoria:
Resolución do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 141, do 26 de xullo do 2023).
Obxectivo Principal:
O obxectivo xeral deste grupo operativo é a posta a punto da elaboración de 11 produtos cociñados empregando carne de vacún maior, steak tartar, carne ao caldeiro, paté en terrina, caldos (caldo limpo, caldo dobre e consomé), salsas (fondo escuro e boloñesa) e recheos (para pastas frescas e para empanadas), o que leva consigo a caracterización da carne de vacún maior, vaca e boi, das razas Rubia Galega e asturiana dos vales e da montaña, a elección das pezas de carne e o deseño de receitas coas mesmas, caracterización nutricional e organoléptica dos produtos obtidos, así como a determinación das mellores técnicas de conservación e vida útil.