GOI AURIENSIS
PROXECTO AURIENSIS SELECTUM:
- PARTICIPANTES DO GRUPO OPERATIVO: Auriensis Selectum, Azul e Verde, CETECA, Hifas da Terra
- TÍTULO: Estudo dunha planificación moderna dunha plantación de castaños para froito en ecolóxico (FEADER 2016/48B).
- CONVOCATORIA: axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.
RESUMO:
O Grupo Operativo (Ref. CGO/2016/80) liderado por Auriensis Selectum e completado por CETECA, Hifas da Terra e Azul e Verde, traballa na optimización da produción do souto mediante a simbiose con outras producións ecolóxicas, coma boletus e mel, cun segundo obxectivo de ampliala gama de produtos elaborados con base castaña.
Auriensis coordinará o grupo e encargarase dos traballos de laboreo, incorporando a pradeira tipo trebol, polinización mediante colmeas e produción de castaña, setas e mel, apoiado polo CETECA para o desenvolvemento dos novos produtos, do seu envasado e do estudo da composición nutricional destes. O rego será implementado polo socio Azul e Verde, prevendo paliar a sequedade e potenciando o crecemento do fungo. A implantacion das micorrizas segundo as distintas idades e tipoloxías de castaños, será posta a punto polo socio Hifas da Terra.
Así, coas melloras da micorrización e polinización, perséguense colleitas de maior calidade e homoxeneidade, obtendo suprodutos coma cugumelos e mel de alto valor, pasando así de ser unha actividade principalmente recolleitadora a una castañicultura moderna e rendible.
Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural) mediante o programa de axudas para a creación de Grupos Operativos da AEI (Asociación Europea para la Innovación) en materia de produtividade e sostenibilidade agrícola.
IMAXES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS: