GOI Craega Elaborados Vacún

GOI CRAEGA

Título: “Desenrolo de produtos elaborados en base a carne de vacún de raza autóctona co certificación ecolóxica”. (FEADER 2019/034A).

Entidades Participantes: Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA).

Duración: marzo 2019 a outubro 2021.

Financiamento: Orzamento 69.005,00 € subvencionado ao 80% e financiada cun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do MAPA.

Convocatoria: RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019. (DOG Núm. 26, 6 de febreiro de 2019).

O proxecto de innovación titulado “Desenrolo de produtos elaborados en base a carne de vacún de raza autóctona co certificación ecolóxica” está liderado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e pretende acadar a posta a punto da produción galega de dous produtos cárnicos ecolóxicos, cecina e tasajo, a partir de carne de tenreiros de raza Cachena, Rubia Galega e Frieiresa criados en réxime ecolóxico.

A implantación da produción deste dous produtos de vacún ecolóxico en Galicia conlevará a diferenciación, o aumento de prezo e o incremento da demanda da carne destes tenreiros producidos en explotacións ecolóxicas, converténdose nun método de produción singular que supoña unha revalorización do produto. Trátase dun proxecto de tres anos de duración que se desenvolverán en ganderías da zona norte de Galicia.

O CRAEGA coordina esta iniciativa e encárgase das actividades de seguimento entre os gandeiros e o socio colaborador CETECA implicará os seus recursos propios para o estudo da calidade dos produtos elaboradorados.Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) mediante o programa de axudas para proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

IMAXES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies