“Desenvolvemento de novos produtos cárnicos de Porco Celta sen aditivos artificiais” (FEADER 2022/001A)
Entidades participantes:
O RUALDI, S.L. e FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE.
Duración:
2022 – 2024.
Financiamento:
Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.
Orzamento:
117.579,32 €. Subvencionado ao 80% e financiada nun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
Convocatoria:
Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR331A). (DOG nº 18, do 27 de xaneiro do 2022).
O obxectivo global deste proxecto é elaborar produtos cárnicos 100% autóctonos e de Porco Celta co menor número de aditivos e ingredientes o máis naturais posible, utilizando os procesos de elaboración tradicionais de salchichón, chourizo, chourizo de cebola e crioulo de verduras, de maneira que non se reduza a calidade final dos produtos.
Ademais, preténdese prolongar o seu período de conservación a través dos ingredientes naturais (antioxidantes) introducidos na formulación.
A finalidade, por tanto, desta proposta é a obtención de produtos cárnicos máis saudables, adaptándose ás novas necesidades e ampliando a súa aceptación entre os consumidores.