Asesoramento e transferencia tecnolóxica
O CTC presta apoio técnico a empresas e asociacións de produtores proporcionando os coñecementos necesarios para resolver os seus problemas cotiáns ou responder a cuestións específicas.
Avalada pola ampla experiencia do seu capital humano, a Fundación ofrece consello e asistencia técnica ás entidades integrantes do sector, mantendo con elas unha estreita relación de confianza e proximidade.
Ademais, dende esta área realízase a transferencia de resultados aos agricultores e gandeiros da comunidade, a través de campos de ensaio e demostración, xornadas de portas abertas, visitas a fincas e mantendo unha intensa colaboración con asociacións de agricultores, industriais, cooperativas e comunidades de regadores.