Transferencia tecnolóxica
O Centro transfire os resultados dos distintos proxectos e estudos mediante unha serie de acións e campos de ensaio.
Asímesmo en colaboración coa Asociación Gallega de la Carne (Asogacarne) o CTC elabora un boletín semanal informativo. Neste boletín recóllense as novas xeradas pola propia asociación ou os seus asociados, outras novas do sector, os prezos das lonxas máis representativas e unha sección adicada a temas de formación e outra de innovacións no sector.