Formación
O CTC propón solucións formativas para as necesidades do sector agroalimentario, de cara a contribuír ao seu desenvolvemento, innovación e mantemento, a través da preparación dos recursos humanos.
Os programas formativos do CTC pretenden incidir de forma especial na formación dos recursos humanos de cara á súa integración sectorial cun nivel axeitado de cualificación, fomentando a capacitación dos/as traballadores/as dos sectores agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades e incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións e no emprego de métodos produtivos respectuosos coa conservación e protección do medio natural.
CATÁLOGO DE SERVIZOS:
FORMACIÓN SUBVENCIONADA
- Agroforestal.
- Continua bonificada: a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne é axente xestor de formación bonificada.
- Para desempregados (AFD).
FORMACIÓN EN ABERTO, A MEDIDA
- Presencial.
- En liña.
CURSOS HOMOLOGADOS
- INAD0108. Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria.
- INAI0108. Carnicería de elaboración de producos cárnicos.
- INAI0208. Sacrificio, atarefado e despezamento de animais.