I+D+i

I+D+i

Os servizos de I+D+i que presta a Fundación permiten ás empresas responder á necesidade continua e cada vez máis acelerada de evolución tecnolóxica, adaptándose con flexibilidade a un entorno en rápida transformación.

A investigación, o desenvolvemento e a innovación son aspectos que, malia seren indispensables para o bo funcionamento individual e xeral da economía, requiren grandes esforzos que moitas veces non poden afrontarse illadamente.

As instalacións, a tecnoloxía e a elevada cualificación do equipo humano da Fundación convértena nun socio estratéxico das empresas agrarias e agroalimentarias para a coordinación e execución dos seus proxectos e a resposta aos seus requirimentos, constituíndose nunha ferramenta de competitividade ao servizo do sector agroalimentario de Galicia.

Os servizos que o CTC ofrece nesta área abarcan todas as fases dun proxecto de investigación, como son:

  • Proposta e definición de proxectos
  • Busca de financiamento
  • Coordinación, seguimento e avaliación de proxectos
  • Xustificación económica e administrativa
  • Apoio na desgravación fiscal por gastos en I+D
  • Explotación de resultados da I+D
  • Proxectos “chave en man”

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies