GOI AGACA
PROXECTO COOPERATIVA AMARELANTE:
- PARTICIPANTES: Agaca, Amarelante, S.C.G, CETECA, UVigo, IXP Castaña de Galicia.
- TÍTULO: Viabilidade do aproveitamento integral dos bosques de castiñeiros da cooperativa (FEADER 2016/23B).
- CONVOCATORIA: axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.
RESUMO:
O Grupo Operativo (Ref. CGO/2016/29) liderado por Agaca e completado por Ceteca, a cooperativa Amarelante, a Uvigo e a IXP Castaña de Galicia, traballa na recuperación dos soutos en estado de abandono da zona de Manzaneda, para a produción de castaña de calidade.
Agaca coordina o grupo e encárgase tanto das actividades que permitan mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións da cooperativa coma das tarefas de difusión. Amarelante realizará as tarefas de recuperación de soutos e de optimización do rendemento dos soutos existentes mediante o estudo das producións compatibles, coma plantas aromáticas, cogumelos, etc., co apoio do Ceteca para o estudo de calidade das colleitas e dos produtos derivados e da Uvigo para o estudo dos residuos, cortiza, pel e ourizo. Dende a IXP Castaña de Galicia levarase a cabo a divulgación dos resultados obtidos.
Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural) mediante o programa de axudas para a creación de Grupos Operativos da AEI (Asociación Europea para la Innovación) en materia de produtividade e sostenibilidade agrícola.
IMAXES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS: