Agricultura de precisión para un medio natural rendible e sustentable

“Agricultura de precisión para un medio natural rendible e sustentable” (FEADER 2022/061B)

Entidades participantes:

AVELINO SANTANA GARCÍA, ENXEÑERÍA E XESTIÓN AGRORURAL AZUL E VERDE SL, FORTOP TOPOGRAFÍA SLU, AMODO SOLUCIONES SL e FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE.

Duración:

2022 – 2024.

Financiamento:

Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.

Orzamento:

179.052,90 €. Subvencionado ao 80% e financiada nun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).

Convocatoria:

Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 18, do 27 de xaneiro do 2022).

Obxectivo:

Implantación de técnicas novas nunha comarca de elevada actividade agrícola, coa fin de desenvolver unha agricultura de precisión para o cultivo de pataca e trigo, dotando aos agricultores de ferramentas que permitan modernizar os actuais sistemas agrarios de produción. Preténdese que as explotacións agrícolas sexan máis tecnificadas, eficientes e medioambientalmente sustentables.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies