APROAVI – Aproveitamento integra da polinaza para a mellora da sosteñibilidade e competitividade do sector avícola

“APROAVI – Aproveitamento integra da pollinaza para a mellora da sustentabilidade e competitividade do sector avícola” (FEADER 2022/010B)

Entidades participantes:

FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SOSTENIBILIDADE ENERXÉTICA, SILVARES DE GROU S. COOP. GALEGA, FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE e ADEGAL–ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS, GANDEIROS E AGRICULTORES DA LIMIA.

Duración:

2022 – 2024.

Financiamento:

Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.

Orzamento:

179.600,45 €. Subvencionado ao 80% e financiada nun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).

Convocatoria:

Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 18, do 27 de xaneiro do 2022).

Obxectivo:

Mellorar a competitividade e sustentabilidade das explotacións avícolas a través da valorización da pollinaza xunto con outros refugallos orgánicos, promovendo a súa conversión en enerxía renovable (biogás e gas de pirólise) e en fertilizantes baseados no dixestato e no biochar.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies