“Ceba en Galicia: optimización e protocolización dun sistema de engorde de becerros frisóns rendible e replicable” (FEADER 2022/062B)
Entidades participantes:
ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA (ASAGA), FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE e GUDIAGRO S.L.
Duración:
2022 – 2024.
Financiamento:
Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.
Orzamento:
178.632,33 €. Subvencionado ao 80% e financiada nun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
Convocatoria:
Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 18, do 27 de xaneiro do 2022).
Obxectivo:
Promover e facilitar que en Galicia se aproveite todo o valor engadido que se deriva da actividade de ceba, finalización e comercialización da carne procedente de bovinos de razas de aptitude láctea, principalmente gando frisón.