GOI ADEGAL

PROXECTO ADEGAL CULTIVOS:

  • PARTICIPANTES DO GRUPO OPERATIVO: Adegal, CETECA, Coren, Almacenes Gamallo e Avelino Santana.
  • TÍTULO: Estudo de novas alternativas de cultivo para a comarca da Limia (FEADER 2016/29B).
  • CONVOCATORIA: axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

RESUMO:

O Grupo Operativo (Ref. CGO/2016/85) liderado por Adegal e completado por CETECA, Coren, Almacenes Gamallo e o agricultor Avelino Santana, traballa na implantación de novos cultivos na comarca da Limia, mellorando os abonados, optimizando as regas e estudando novos manexos máis sostibles.

Adegal coma asociación que engloba a práctica totalidad dos agricultores, gandeiros e comerciantes de pataca e cereal da comarca da Limia, na provincia de Ourense, coordina o proxecto coma punto de contacto entre o grupo e os agricultores da comarca. Os agricultores encargaranse dos campos en extensivo, dos de leguminosa (soia, fabas e guisantes), de liño, telf e trigo sarraceno, así coma millo forraxeiro, grao húmedo e pastone. O CETECA realizará o plan experimental, o control das colleitas, os análises de terra e de cultivos. Dende a cooperativa Coren levarase a cabo o estudo da produción de cereais e leguminosas e a súa comparación con cultivos foráneos, encargándose tamén do cultivo do millo. A empresa ourensá Almacenes Gamallo realizará os ensaios de pataca feculeira e a elección das variedades.

Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural) mediante o programa de axudas para a creación de Grupos Operativos da AEI (Asociación Europea para la Innovación) en materia de produtividade e sostenibilidade agrícola.

IMAXES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies