GOI AGRIGGA
PROXECTO AGRIGGA CARNE:
- PARTICIPANTES: Agrigga Carne S.C.G, Centro Tecnolóxico da Carne – CETECA, Matadero Frigorífico Baixo Miño, S.L.
- TÍTULO: Creación dunha metodoloxía para optimizar a produción de carne de tenreiros procedentes de Agrigga Carne, S.C.G. (FEADER 2016/07B).
- CONVOCATORIA: axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.
RESUMO:
O Grupo Operativo liderado por Agrigga Carne e completado polo CETECA e o Matadoiro de Baixo Miño, traballa no estudo de todas aquelas variables que maximizan a rendibilidade das explotacións de carne de tenreira en Galicia. O proxecto facilitará a formación dos gandeiros, así como o fomento dun uso máis eficiente da enerxía na agricultura e na transformación dos produtos agrarios.
Agrigga iMpulsa este proxecto, coordinando e pondo a súa disposición diferentes sistemas de explotación divididos en dous grandes bloques: a produción tradicional vs semiextensiva. O CETECA fará o seguemento para o control dos pesos de sacrificio e tipos de acabado, protocolos dos plans sanitarios e implantará un sistema de maduración e do envasado cara as grandes superficies. Para o estudo dos sistemas de transporte e o sacrificio cóntase coa participación do Matadoiro Baixo Miño. Inclúe o proxecto a implantación de protocolos para determinar a pegada de carbono co obxecto de mellorar a sostenibilidade das explotacións.
Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural) mediante o programa de axudas para a creación de Grupos Operativos da AEI (Asociación Europea para la Innovación) en materia de produtividade e sostenibilidade agrícola.
IMAXES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS: