GOI Agaca Postoiro

GOI AGACA POSTOIRO

Título: “Implantación de producións máis sostibles e ecolóxicas en cultivos de horta extensiva en Galicia” (FEADER 2019/024A).

Entidades Participantes: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA) e Postoiro S. C. G.

Duración: marzo 2019 a outubro 2021.

Financiamento: Orzamento 96.011,50 € subvencionado ao 80% e financiada cun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do MAPA.

Convocatoria: RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019. (DOG Núm. 26, 6 de febreiro de 2019).O proxecto de innovación titulado “Implantación de producións máis sostibles e ecolóxicas en cultivos de horta extensiva en Galicia” está liderado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e pretende acadar a posta a punto da produción en ecolóxico de cinco cultivos diferentes: brassicas como repolo, brócoli, romanesco e verza, así como de cebola chata do país. Esta produción en ecolóxico basease na implementación nestes cultivos do rego por goteo e da fertirrigación.

Así mesmo, levaranse a cabo ensaios para adaptar a produción convencional destes ata a agricultura ecolóxica, incrementando o valor do produto a través da calidade, a sustentabilidade e a innovación. Desta maneira acadarase unha maior eficiencia no uso da auga grazas a redución do volume desta e da enerxía empregados. Establecerase o aboado mediante fertirrega nestas brassicas e cebolas para un mellor xestión dos fertilizantes, diminuíndo a lixiviación de nutrientes que poidan contaminar os acuíferos. Paralelamente a todo isto, buscarase unha produción cun mínimo emprego de pesticidas e fertilizantes sintéticos, enfocada a produción ecolóxica. Trátase dun proxecto de tres anos de duración que se desenvolverán na comarca de A Limia.

A unión de cooperativas AGACA coordina o proxecto e encárgase das actividades de seguimento, en colaboración co socio Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA) que implicará os seus recursos propios para o estudo da calidade das colleitas e o e coma asesoramento agronómico, e coa participación da cooperativa Postoiro SCG que realizará o plan experimental cos produtos de horta.

Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) mediante o programa de axudas para proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

IMAXES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies