GOI GALO CELTA

Título: “Desenrolo de producións avícolas ecolóxicas diferenciadas: carne e ovos como alimentos ecocardiosaudables” (FEADER 2019/009A).

Entidades Participantes: Sueiro y Lorenzo Avicultura Artesanal, S. L. y Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA).

Duración: marzo 2019 a outubro 2021.

Financiamento: Orzamento 115.100,00 € subvencionado ao 80% e financiada cun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do MAPA.

Convocatoria: RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019. (DOG Núm. 26, 6 de febreiro de 2019).O proxecto de innovación titulado “Desenrolo de producións avícolas ecolóxicas diferenciadas: carne e ovos como alimentos ecocardiosaudables” está liderado por “Sueiro y Lorenzo Avicultura Artesanal”, a través da súa marca comercial Galo Celta, e cuxo principal obxectivo deste proxecto é a posta a punto de diversas producións avícolas de calidade diferenciada mediante o emprego de liñaza, polpa de oliva e bagazo de cervexa incorporados a ración das aves. esta iniciativa incluirá a produción de carne de galo de curral, pularda e polo picantón, así como de ovo en réxime ecolóxico dos que se obterán produtos cun mellor perfil de ácidos graxos, maior porcentaxe de omega 3 e 6 e menos colesterol, e cunha maior vida útil.

Trátase dun proxecto de tres anos de duración que se desenvolverán na zona de Vila de Cruce, para xerar un maior valor engadido e valorizala calidade dos produtos obtidos, estudaranse diferentes maneiras de presentación e envasado da carne e dos ovos, así como a formulación e elaboración de produtos cárnicos (embutidos) coa carne producida por estas aves.

O empresario e gandeiro GALO CELTA coordina o proxecto e encárgase das actividades de cría dos animais. O socio colaborador CETECA implicará os seus recursos propios para o estudo da calidade da carne obtida coas distintas alimentacións.coordina o proxecto e encárgase das actividades de cría dos animais. O socio colaborador CETECA implicará os seus recursos propios para o estudo da calidade da carne obtida coas distintas alimentacións.

IMAXES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies