Dixitalización da cadea de valor da IXP Ternera Gallega

“Dixitalización da cadea de valor da IXP Ternera Gallega” (FEADER 2022/007B)

Entidades participantes:

FUNDACIÓN JUANA DE VEGA, FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE, FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DE TELECOMUNICACIÓNS DE GALICIA, AGRIGGA CARNE SOC. COOP. GALEGA e CRIXP CARNE DE VACÚN DE GALICIA

Duración:

2022 – 2024.

Financiamento:

Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.

Orzamento:

176.329,19 €. Subvencionado ao 80% e financiada nun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).

Convocatoria:

Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 18, do 27 de xaneiro do 2022).

Obxectivo:

Achegar solucións prácticas e innovadoras que respondan ás principais barreiras vinculadas á dixitalización do sector agroalimentario e, en particular, da cadea de valor da IXP Ternera Gallega para fomentar a competitividade, a produtividade e a viabilidade do sector e así contribuír ao obxectivo da Asociación Europea de Innovación (AEI) en materia de sustentabilidade e produtividade agraria.
En liña coa estratexia de dixitalización do sector agroalimentario e forestal e do medio rural (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, 2019), este proxecto busca reducir as barreiras técnicas e formativas existentes na actualidade para contribuír ao despegue da dixitalización do sector agroalimentario comezando pola cadea de valor da IXP Ternera Gallega.
O proxecto contribuirá en concreto ao obxectivo Estratéxico 2 da citada estratexia, fomentando o uso de datos como motor de impulso sectorial, abordando a interoperabilidade e apertura de datos, tanto públicos como privados, relevantes para a optimización de procesos e o aumento de competitividade da cadea de valor da IXP Ternera Gallega.
O proxecto abordará tamén a fenda existente de adopción de novas tecnoloxías no sector, proporcionando formación específica, fomentando as interaccións, a transferencia de coñecemento e a cooperación entre os actores involucrados.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies