ECOPROVEG – Desenvolvemento dunha liña de patés e láminas a partir de verduras e hortalizas ecolóxicas

“ECOPROVEG – Desenvolvemento dunha liña de patés e láminas a partir de verduras e hortalizas ecolóxicas” (FEADER 2023/055B)

Entidades participantes:

TRASDEZA NATUR, S.C.G. e FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE.

Duración:

2023 – 2026.

Financiamento:

Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.

Orzamento:

90.240,00 €. Axudas convocadas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva para o ano 2023 e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Convocatoria:

Resolución do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 141, do 26 de xullo do 2023).

Obxectivo Principal:

O obxectivo principal do proxecto é deseñar e desenvolver unha liña de patés e láminas vexetais elaboradas a partir dos produtos ecolóxicos. Búscase unha elaboración artesanal e o máis natural posible, evitando ao máximo posible o uso de aditivos químicos e conservantes artificiais.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies