GALDRÓN – Emprego de drons para a posta en funcionamento dun sistema gandeiro de precisión en vacún e equino criado en extensivo. (FEADER 2024/052B)

GALDRÓN – Emprego de drons para a posta en funcionamento dun sistema gandeiro de precisión en vacún e equino criado en extensivo. (FEADER 2024/052B)

Convocatoria:

  • Resolución do 26 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), no marco do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027. (DOG nº 130, do 5 de xullo de 2024). Código de procedemento: MR331B.

Entidades participantes:

  • GANADERÍA AUTÓCTONA S.L., FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE e UNIVERSIDADE DE VIGO (UVIGO).

Duración:

Inicio: 2024

Fin: 2026

Orzamento e financiamento:

  • Custo subvencionable: 139.840 €. Axudas destinadas á execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
  • Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.

Descrición e obxectivos:

O seu obxectivo principal é mellorar o manexo e seguimento dos sistemas produtivos de gando vacún e cabalar en explotacións extensivas galegas mediante o uso de drons e tecnoloxías avanzadas de seguimento e control.

Entre os obxectivos específicos do proxecto destacan a mellora do control e monitorización do gando, a revisión das infraestruturas gandeiras, a xestión dos pastos e a implementación de cámaras térmicas.

Este proxecto representa unha aposta pola innovación no sector gandeiro galego, co obxectivo de mellorar a sustentabilidade e eficiencia das explotacións mediante o emprego de tecnoloxías de precisión.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies