“GOTRISA EUROPA – Posta en produción do trigo sarraceno e revalorización mediante produtos novidosos en ecolóxico e sen glute” (FEADER 2023/060B)
Entidades participantes:
BIO-ALIMENTACIÓN COLOMBIA, S.L.; FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE; CRUST AND LOAF; e AVELINO SANTANA GARCÍA.
Duración:
2023 – 2026.
Financiamento:
Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.
Orzamento:
160.055,82 €. Axudas convocadas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva para o ano 2023 e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Convocatoria:
Resolución do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 141, do 26 de xullo do 2023).
Obxectivo Principal:
O obxectivo principal é a posta a punto produción de trigo sarraceno en ecolóxico e abrir unha vía de negocio cun acondicionado inicial e tamén como produto transformado, nutritivo e libre de glute.