Rede de Alimentos ricos en Proteínas rexionais Sostibles (Rede ALPROSOS)
Referencia da axuda: 125RT0165
Convocatoria:
- CYTED (Programa Iberoamericano de Ciencia y Tecnología para el Desarrollo).
Entidades participantes:
- 50 grupos (22 empresas e 28 grupos de investigación) e 232 investigadores/as.
Duración:
Inicio: 01/01/2025
Fin: 31/12/2028
Orzamento e Financiamento:
- Custo subvencionable: 75.000,00 €
Descripción e Obxetivos:
O obxectivo xeral é consolidar unha rede Iberoamericana para a produción, selección, purificación e funcionalización de proteínas alternativas obtidas de fontes rexionais para o desenvolvemento de prototipos de alimentos sostibles e de alta calidade nutricional.
Os obxectivos específicos son:
- Seleccionar, caracterizar e implementar o uso de proteínas alternativas de fontes rexionais.
- Avaliar tecnoloxías emerxentes para extraer, purificar e mellorar as fontes proteicas seleccionadas.
- Desenvolver e comercializar alimentos nos que se integren as proteínas obtidas.
- Comprender a aceptación dos consumidores Iberoamericanos a alimentos con proteínas alternativas.
- Avaliar a calidade nutricional e valorar factores antinutricionais, alerxénicos e de seguridade das proteínas obtidas.
- Realizar unha análise do ciclo de vida e avaliación socioeconómica.
- Preparación conxunta de propostas de proxectos e liñas de investigación, formación, difusión e transferencia tecnolóxica.
- Capacitación técnica dos participantes fomentando o intercambio e comunicación academia-industria.
A Rede xustifícase debido ao incremento da demanda de proteínas, o que fai necesario a identificación e caracterización de novas fontes proteicas, tendo en conta factores económicos, sanitarios e de sustentabilidade e poñendo en valor as materias primas rexionais. Desenvolveranse novas ideas e solucións adaptadas ás especificidades de cada rexión.

