“Plan de acción para a mellora da sustentabilidade nas producións cárnicas galegas” (FEADER 2022/044B)
Entidades participantes:
UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS (AGACA), VANESSA DÍAZ MATA, A CARQUEIXA SCG, TRES FUCIÑOS SCG e FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE.
Duración:
2022 – 2024.
Financiamento:
Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.
Orzamento:
145.600,00 €. Subvencionado ao 80% e financiada nun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
Convocatoria:
Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 18, do 27 de xaneiro do 2022).
Obxectivo:
Proporcionar as ferramentas necesarias para que as explotacións cárnicas galegas en extensivo adquiran a capacidade técnica para controlar a súa pegada ambiental, como un indicador de sustentabilidade.