Proxectos en activo
A referencia do proxecto é: AEI-010500-2021-192.
O obxectivo xeral da proxecto FoodTechINK é analizar a aplicabilidade industrial de indicadores colorimétricos para controlar a frescura e calidade do alimento fresco envasado. Estes indicadores colorimétricos están baseados en tintas intelixentes que se integran en etiquetas (smart-labels) non invasoras e que permite achegar datos reais da calidade do produto fresco envasado ao longo de toda a cadea de valor.
Para acadar esta meta, establécense os seguintes obxectivos específicos:
- Establecer o impacto económico e principais problemas asociados ao procesado e realización dos controis de calidade actuais para alimento fresco envasado ao longo da cadea de valor.
- Identificar e caracterizar a través de literatura e probas de vida útil os parámetros máis relevantes que poidan determinar a frescura de carne e peixe, e que servirán para o prototipado preliminar de etiquetas intelixentes para a determinación de frescura do alimento.
- Caracterizar a cadea de frío e aqueles factores de maior impacto na conservación do alimento fresco envasado e que servirán para o deseño de tintas intelixentes con capacidade de informar sobre a propia cadea de frío.
- Establecer a viabilidade económica e escalabilidade da tecnoloxía de packaging intelixente baseado en etiquetas colorimétricas a través dunha proba de concepto realizada en lineal piloto.
- Elaborar estudos de innovación tecnolóxica e de mercado sobre etiquetas intelixentes.
- Difundir a potencialidade das tintas intelixentes e das etiquetas colorimétricas de código bidimensional unívoco para seguimento da calidade do produto fresco envasado, especialmente a través dos resultados do proxecto.
O resultado xeral do proxecto céntrase en avanzar en sistemas de packaging intelixente para produto fresco envasado que permita – de forma non invasora – controlar a calidade do produto e minimizar a taxa de desperdicio deste tipo de alimento.
FoodTechINK está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo na convocatoria 2021 do programa de Apoyo a las Agrupaciones Empresariales Innovadoras (AEI). Está coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia e conta coa participación da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), e as empresas ColorSensing, S.L.; Cofrico, S.L. e Vegalsa-Eroski, S.L.”