Convenios

[vc_row full_width=”stretch_row” full_height=”yes” equal_height=”yes” content_placement=”top” wrap_container=”yes”][vc_column width=”1/4″][ultimate_spacer height=”20″][vc_wp_custommenu nav_menu=”16″][/vc_column][vc_column width=”3/4″][ultimate_spacer height=”20″][ultimate_heading main_heading=”Convenios” main_heading_style=”font-weight:bold;” main_heading_line_height=”desktop:27px;” margin_design_tab_text=””][/ultimate_heading][ultimate_spacer height=”20″][vc_row_inner][vc_column_inner][vc_column_text]A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne mantén unha serie de convenios de colaboración con diversas entidades públicas e privadas co fin de potenciar a actividade en común e satisfacer as necesidades que dela se derivan.

Universidades, empresas, asociacións sectoriais, centros tecnolóxicos ou entidades formativas atópanse entre os axentes cos que a Fundación mantén esta estreita colaboración.

Os obxectivos marcados son, entre outros, estreitar as relacións coas empresas/institucións colaboradoras, ampliar a formación dos estudantes galegos achegándoos á realidade profesional futura, impulsar programas de I+D+i no sector cárnico, fomentar accións de transferencia tecnolóxica cara empresas e particulares, etc.

Esta diversidade de actuacións encádrase na estratexia xeral do centro, de mellora da competitividade do sector agroalimentario en xeral e cárnico en particular, aproveitando para isto as potencialidades da Fundación e apoiándose nas importantes sinerxías xeradas na actividade conxunta.

[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row]

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies