[vc_row full_width=”stretch_row” full_height=”yes” equal_height=”yes” content_placement=”top” wrap_container=”yes”][vc_column width=”1/4″][ultimate_spacer height=”20″][vc_wp_custommenu nav_menu=”16″][/vc_column][vc_column width=”3/4″][ultimate_spacer height=”20″][ultimate_heading main_heading=”Laboratorio de Cromatografía” main_heading_style=”font-weight:bold;” main_heading_line_height=”desktop:27px;”][/ultimate_heading][ultimate_spacer height=”20″][vc_row_inner][vc_column_inner][rev_slider_vc alias=”LaboratoriodeCromatografía”][vc_column_text]O Laboratorio de Cromatografía dispón do equipamento necesario para a determinación de compostos de interese no ámbito agroalimentario, dende o punto de vista nutricional, organoléptico, hixiénico-sanitario e ambiental.
As técnicas instrumentais teñen como obxecto o estudo da composición da materia mediante a determinación de diferentes especies químicas a través da medida das súas propiedades físicas.
A cromatografía é unha técnica instrumental que agrupa un conxunto importante e diverso de métodos, que permiten a separación de compoñentes intimamente relacionados en mesturas complexas. A clasificación máis fundamental dos métodos cromatográficos baséase na clase de equilibrios implicados na transferencia de solutos entre unha fase estacionaria e unha fase móbil líquida, gasosa ou de fluídos supercrítricos.
Os métodos espectrométricos son un extenso grupo de métodos analíticos que se basean na espectroscopía atómica e molecular, ciencia que trata as distintas interaccións da radiación coa materia. Algúns métodos espectrométricos destacables son a espectrofotometría UV-visible e de IR e as espectrometrías de emisión con fontes de plasma.
Equipos do Laboratorio de Cromatografía
- Calorímetro de camisa compensada
- Cromatógrafo de gases (GC), equipado cos detectores FID e MS
- Cromatógrafo de líquidos de alta resolución (HPLC), equipado cun colector de fraccións e os detectores PDA, fluorescencia e IR
- Espectrofotómetro de emisión óptico por plasma de acoplamento inductivo (ICP-OES)
- Espectrofotómetro UV-visible
[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row]

