Áreas
Área de calidade nutricional e diferenciada
Avalía a calidade nutricional en cada una das fases do proceso produtivo (materias primas e ingredientes, produtos intermedios, produtos acabados e envasados).
Área de investigación económica e de mercados
O seu obxectivo é sincronizar recursos e esforzos co propósito de acadar unidade, eficacia e rapidez no desenvolvemento dos nosos obxectivos individuais e colectivos.
Área de produción agroalimentaria, medio ambiente e territorio
Esta área encargase da parte do plan experimental dos proxectos que se están a desenvolver con gandeiros e agricultores. Tamén ocupase de aquelas outras producións agrarias, que sin ser carne, non están atendidas tecnolóxicamente o suficientemente, así realizanse acións en cultivos como: pataca, castaña, setas, olivos, cereais, frutas e verduras.
Área de tecnoloxía de produtos, procesos e envasado de alimentos
Xerar ideas para o desenvolvemento de novos produtos e/ou procesos, tendo en conta todos os aspectos relacionados coa calidade alimentaria, demanda do mercado, novas tecnoloxías, envasado e novas formas de presentación.
Área de vida comercial, seguridade e hixiene alimentaria
Os estudos de vida útil son fundamentais no sector agroalimentario posto que na actualidade os consumidores demandan cada vez máis, productos seguros, saudables e de maior calidade. As empresas agroalimentarias, deben realizar estudos que cumpran cos criterios microbiolóxicos establecidos ao longo de toda a vida útil do produto e que garantan a súa seguridade e estabilidade.