Convenios
A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne mantén unha serie de convenios de colaboración con diversas entidades públicas e privadas co fin de potenciar a actividade en común e satisfacer as necesidades que dela se derivan.
Universidades, empresas, asociacións sectoriais, centros tecnolóxicos ou entidades formativas atópanse entre os axentes cos que a Fundación mantén esta estreita colaboración.
Os obxectivos marcados son, entre outros, estreitar as relacións coas empresas/institucións colaboradoras, ampliar a formación dos estudantes galegos achegándoos á realidade profesional futura, impulsar programas de I+D+i no sector cárnico, fomentar accións de transferencia tecnolóxica cara empresas e particulares, etc.
Esta diversidade de actuacións encádrase na estratexia xeral do centro, de mellora da competitividade do sector agroalimentario en xeral e cárnico en particular, aproveitando para isto as potencialidades da Fundación e apoiándose nas importantes sinerxías xeradas na actividade conxunta.