Presentación
O Centro Tecnolóxico da Carne é unha fundación de interese galego que pretende dinamizar e mellorar a capacidade competitiva do sector agroalimentario de Galicia.
A súa actividade organizase en torno a catro eixos fundamentais de actuación:
- Fomentar a Investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación (I+D+i).
- Coordenar o asesoramento e a transferencia tecnolóxica, para unha eficiente utilización dos medios tecnolóxicos.
- Asistir ao sector nos procesos de adaptación e contribuir a mellorar as técnicas de xestión produtiva.
- Atender a formación profesional dos recursos humanos
Equipo humano e Organización.
A Fundación CTC está dirixida por un Padroado e un Protectorado formados por membros da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.
O CTC conta con un plantel altamente cualificado e multidisciplinar, o que permite tanto a posta en marcha de proxectos como a prestación de servizos, o asesoramento ou a oferta de programas formativos á medida das empresas.
O seu equipo humano configúrase do seguinte xeito:
- Direción e Xerencia
- Catro Xefaturas de Investigación en Tecnoloxía Agroalimentaria e Agronómica.
- Unha Xefatura de Administración e Análise Económico e de Mercados.
- Tres Responsables de Análises laboratoriais.
- Unha Responsable de Calidade.
- Un Responsable da Oficina de Proxectos.
- Un Responsable da Planta Piloto
- Dous Administrativos
- Técnicos/as de proxectos