Área de vida comercial, seguridade e hixiene alimentaria
Os estudos de vida útil son fundamentais no sector agroalimentario posto que na actualidade os consumidores demandan cada vez máis, productos seguros, saudables e de maior calidade. As empresas agroalimentarias, deben realizar estudos que cumpran cos criterios microbiolóxicos establecidos ao longo de toda a vida útil do produto e que garantan a súa seguridade e estabilidade.
A área de vida comercial, seguridade e hixiene alimentaria do CTC, conta coas tecnoloxías analíticas precisas para levar a cabo estes estudos e controlar as especificacións do produto dende o punto de vista da súa calidade e seguridade.
Hixiene e Seguridade Alimentaria
- Control de superficies de traballo, equipos e utensilios
- Control de manipuladores de alimentos
- Estudo e comprobación de métodos de conservación dos alimentos
- Validación de tratamentos térmicos
- Detección de microorganismos indicadores, alterantes e patóxenos mediante métodos clásicos e automatizados (MiniVidas e TEMPO)
- Detección de patóxenos, identificación de microorganismos e diferenciación de especies animais mediante técnicas de Bioloxía Molecular
- Análise de augas de consumo segundo a lexislación vixente en augas envasadas e de consumo
Tecnoloxía dos alimentos: Microbioloxía
- Estudo de ecoloxía microbiana en alimentos
- Caracterización e selección de microorganismos de interese tecnolóxico para o desenvolvemento de cultivos iniciadores
- Control da calidade microbiolóxica en materias primas, procesos de elaboración e produto final