Laboratorio de Análise Sensorial

Laboratorio de Análise Sensorial

A análise sensorial é una disciplina científica que identifica, mide, analiza e interpreta as características organolépticas dun producto mediante os sentidos. É a única técnica analítica que permite avaliar unha mostra dentro dun contexto real de consumo, xa que a súa ferramenta básica é o ser humano.

A industria agroalimentaria emprega cada vez máis a avaliación sensorial para coñecer como perciben os consumidores os seus productos, sendo o seu uso imprescindible para o control de calidade, investigación e desenvolvemento de novos productos, estudos de vida útil, certificación de productos, comparación de productos homólogos no mercado, etc.

Existen dous tipos de análise sensorial en función do panel de xuíces utilizado:

  • Estudos analíticos, realizados por un panel de xuíces adestrados, que proporcionan  información detallada sobre as características organolépticas dun determinado produto de forma obxectiva e reproducible.
  • Estudos de consumidores, realizados por un panel de xuíces non adestrados, que proporcionan información sobre o grao de aceptación ou preferencia dun produto, así como a súa posición no mercado.

Equipamento

  • Sala de catas con 10 cabinas individuais deseñada segundo a norma UNE-EN-ISO 8589:2010.
  • Área de preparación de mostras dotada con forno de conveción, forno convencional e placa de indución.
  • Sala para dinámicas de grupo.
  • Software específico para o tratamento estatístico dos resultados.

 

O CTC é socio corporativo da Asociación Española de Profesionais da Análise Sensorial (AEPAS).

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies