Laboratorio de Bioloxía Molecular

Laboratorio de Bioloxía Molecular

A aplicación das técnicas de Bioloxía Molecular no ámbito da alimentación, supuxo nos últimos anos, importantes avances que permitiron mellorar a seguridade (detección e identificación de patóxenos en alimentos) e a trazabilidade alimentaria (autenticación de especies animais), resolvendo de xeito rápido as principais demandas do sector.O laboratorio de Bioloxía Molecular do CTC é un laboratorio ao servizo das empresas agroalimentarias onde se desenvolven técnicas para estudos xenéticos con aplicacións en taxonomía, bioloxía e ecoloxía de microorganismos.

O laboratorio conta cunha zona de traballo para a extracción, purificación e cuantificación de ácidos nucleicos e proteínas, análise de expresión xénica mediante PCR convencional e en tempo real (Real Time) e a separación e identificación de proteínas mediante electroforese.

Para iso dispoñemos do seguinte equipamento

  • Termociclador de PCR convencional
  • Termociclador de PCR a tempo real
  • Equipo de electroforese de ADN e proteínas
  • Sistema de documentación de xeles
  • Espectrofotómetro (Nanodrop)
  • Cabina de fluxo vertical Mini
  • Microcentrífugas
  • Tissue Lyser
  • Incubador orbital
  • Equipos de refrixeración
  • Equipos xerais de laboratorio

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies